A DIXITALIZACIÓN DA VIDA POST-CORONAVIRUS AMEAZA Á PRENSA EN PAPEL
A prensa en papel xa viña de estar nunha situación de constante caída e a pandemia, como é obvio, non fixo máis que favorecer este declive. O confinamento non foi o único que reduciu as vendas de xornais físicos; a baixada de inversión publicitaria prexudicou á industria incluso en maior medida que a redución da mobilidade. En contraste, malia que a publicidade danou fortemente o sector, a dixitalización dos principais medios de comunicación (e a propia corentena) permitiu que estes recobraran o seu papel de referentes informativos fronte aos bulos que circularon pola rede nestes meses de incerteza; os lectores volveron ós xornais de prestixio para informarse.
Segundo un estudio de Comscore realizado nunha ducia de sitios web de noticias xeralistas de cinco países europeos distintos, o número de minutos de lectura en páxinas de noticias e de visitas, comparado co mesmo período do ano anterior, incrementouse nun 46% e nun 57% respectivamente. Ademais, un estudio de audiencias británico confirmou que a fiabilidade nos medios tradicionais creceu un 25% mentres que a fiabilidade das redes sociais caeu case un 30%.
Malia a subida da confianza nos medios de prestixio, a prensa enfróntase a tres potentes ameazas a curto prazo para a súa supervivencia: a máis obvia é a ameaza económica, que afectou á maior parte da poboación e das empresas do país; outra que se fai notar é a ameaza á liberdade de prensa, pois a influencia política está na orde do día incluso nos xornais de maior influencia; a terceira e última ameaza consiste na propia supervivencia dos xornais, cuxas versións en papel están en risco de desaparecer e cuxas versións dixitais deberán soster unha audiencia e uns recursos que favorezan un xornalismo veraz e honesto.
A pandemia chegou mentres a prensa escrita atópase na transformación do seu modelo de negocio orientado a obter ingresos polo pago de contidos, o chamado “paywall” (muro de pago). Xa na última década, o paso de ser medios monomedia a servizos multimedia marcou o rumbo da industria. O seu modelo de negocio dual de venda máis publicidade pasou a múltiple e híbrido; publicidade máis paywall, patrocinios, eventos, márketing e venda online.
A publicidade é unha fonte de ingresos da que dependen tanto os medios en papel coma os dixitais. Sen ela, a industria xornalística quebraría. Dende que comezou a pandemia, aínda que a maioría dos sectores reduciron a súa inversión publicitaria, houbo algúns que destacaron entre os demais pola súa “desaparición” nos medios: son sectores como o da automoción, os relacionados co pequeno comercio e os sectores de turismo, ocio e cultura. Algunhas empresas xornalísiticas apostaron polo modelo de negocio de reader revenue, que consiste nunha diversificación dos contidos tradicionais ligada a unha hibridación das fontes de ingresos e a unha innovación de solucións novidosas que responden ao conxunto de necesidades dos lectores. As empresas que optaron por este modelo estanse a ver menos afectadas ca outras.
Definitivamente, o mundo post-COVID-19 será todo o dixital que poida ser e canto menos físico, mellor; polo tanto, neste asunto, o crebacabezas faise so. Cando a televisión chegou, pensábase que a radio desaparecería, mais xa se sabe ocorreu ao final. Non sabemos se a batalla entre os medios dixitais e de papel terá un final similar, pero todo apunta a que a Internet gañará a guerra enteira.

Comentarios
Publicar un comentario