Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2024

Dicionario: galego diferencialista - galego estándar actual

 A través da lectura das Cousas de Castelao artellamos esta recompilación de termos a xeito de dicionario para coñecer como se escribía a nosa lingua hai cen anos, durante o primeiro terzo do século XX, coa variante coñecida como diferencialista. Ao carón de cada palabra desta variante escribiremos a forma actual, acorde ás NOMIG-03. A abó - avó adeprender - deprender amistade - amizade B bermello - vermello C cencia - ciencia cicáis - quizais coores - cores D dispóis - despois E edá - idade ensaminar - examinar esperencia - experiencia  M maxinación - imaxinación mintira - mentira moimento - monumento moneco - boneco N nubens - nubes P probe - pobre R reló - reloxo S semán - semana